FUNDACIÓN NAITERRA GAÑA A PUXA
Fundación Naiterra gaña a poxa dun conxunto de fincas no concello de A...
Fundación Naiterra gaña a poxa dun conxunto de fincas no concello de A...
Que traballos faremos? Desta volta centrarémonos na eliminación dunha ...
Fundación Naiterra acabou coa primeira fase de eliminación de Acacia m...
Hectáreas custodiadas
Nº de fincas
Árbores prantadas
Custodia de territorio:
Coa custodia de territorio preténdese asegurar a conservación e o bo uso dos valores e recursos naturais mediante a implicación dos diferentes axentes públicos e privados.
Rede de Axuda:
Hai moitas asociacións, fundacións e movementos sociais que loitan no seu día a día pola conservación da biodiversidade, a promoción da educación ambiental mais a erradicación da desigualdade. A unión e acción conxunta fai que pequenas iniciativas consigan grandes cambios. É por iso que dende Fundación Naiterra queremos apoiar e promover as accións que xorden dende outras entidades dirixidas aos obxectivos compartidos e potenciar espazos de encontro e comunidades de axuda mutua.
Educación Ambiental:
A educación é a ferramenta por excelencia na transformación social. É por iso que consideramos que promover os valores ambientais, as metodoloxías, estratexias e obxectivos propios da educación ambiental é a forma de que a sociedade pase de ser un ente pasivo ante a perda do medio a ser un ente activo cara á loita da defensa da nosa biodiversidade.