Custodia do territorio

FINCAS EN CUSTODIA

SEDE SOCIAL - CORA - DA BARCA

Finca onde se atopa a Casa do Barqueiro, persoa responsable de cruzar a xente dunha ribeira a outra do rio Ulla.

Respectando o seu patrimonio histórico, a Fundación reformou a antiga vivenda do barqueiro como Sede Social da Fundación, coa finalidade de poder ofrecer un espazo que permita tecer redes que faciliten a cooperación entre diferentes colectivos e xerar actividades e dinámicas que fomenten a comprensión dos ecosistemas e a súa conservación.

QUÉ É A CUSTODIA DE TERRITORIO?

A custodia do territorio é un conxunto de estratexias e instrumentos que pretenden implicar aos propietarios e usuarios do territorio na conservación e o bo uso dos valores e recursos naturais, culturais e paisaxísticos. Para conseguilo, promove acordos e mecanismos de colaboración continua entre propietarios, entidades de custodia e outros axentes públicos e privados (Basora Roca, X e Sabaté i Rotés, X. 2006).

QUÉ É UN ACORDO DE CUSTODIA?

Un acordo de custodia é un procedemento voluntario entre un propietario e unha entidade de custodia para pactar o modo de conservar e xestionar un territorio. O pacto pode ser verbal ou escrito (Basora Roca, X e Sabaté i Rotés, X. 2006).

QUENES SON AS ENTIDADES DE CUSTODIA?

As entidades de custodia son organizacións publicas ou privadas sen animo de lucro que participan activamente na conservación do territorio mediante as técnicas de custodia do territorio. Poden actuar de entidade de custodia organizacións tan diversas como unha asociación de veciños, unha organiación conservacionista, unha fundación, un concello, un consorcio ou outro tipo de ente público (Basora Roca, X e Sabaté i Rotés, X. 2006).

Río Ulla por Vedra
Río Ulla por Coruña

Actualidade Custodia do Territorio

especies biodiversidad