Que traballos faremos? Desta volta centrarémonos na eliminación da exótica invasora Tradescantia fluminensis que ten invadida a finca e a replantación de flora autóctona para continuar coa labor de facer bosque de ribeira e substituír aquelas árbores que non saíron adiante. Como podo apuntarme? Para vos apuntardes é imprescindible responder a este email até o 12 de marzo a máis tardar, indicando nome e DNI para vos anotar...

Desta volta centrarémonos na eliminación de rebrotes da exótica invasora Robinia pseudoacacia que ten invadida a finca, que logo do descascado do inverno e primavera pasadas, rebrotaron das bases dos troncos.

Con este tipo de accións pretendese liberar de especies exóticas invasoras e permitir deste xeito a promoción da biodiversidade autóctona do sotobosque de ribeira da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.

Comeza a restauración da Casa do Barqueiro da zona de Cora. Entre a orella estradense do río Ulla e a coruñesa houbo fai décadas un servizo de transporte mediante simples barcas de remo. Manuel Cora, da aldea de Sieiro, comezou a labor de restauración deste lugar que significou tanto para os veciños da contorna, xa que era o único medio de transporte para cruzar o río...

Comezamos as xornadas de voluntariado con accións de eliminación de exóticas invasoras mais a reforestación co bosque de ribeira na Finca Orixe, á orella do río Ulla. Esta finca atópase secuestrada pola Robinia pseudoacacia impedindo o desenvolvemento das especies autóctonas propias do sotobosque de ribeira da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza, a saber, carballo, freixo, ameneiro, sauce ou alisedos. Desta forma dividirémonos en grupos e faremos dúas actuacións...