Fundación Naiterra impulsa o proxecto “A volta das bestas” da Fundación Montescola
Fundación Naiterra vén de dar un primeiro impulso ao proxecto A volta ...
Custodia do territorioA custodia do territorio é un conxunto de estratexias e instrumentos que pretenden implicar aos propietarios e usuarios do territorio na conservación e o bo uso dos valores e recursos naturais, culturais e paisaxísticos. Para conseguilo, promove acordos e mecanismos de colaboración continua entre propietarios, entidades de custodia e outros axentes públicos e privados (Basora Roca, X e Sabaté i Rotés, X. 2006).
Un acordo de custodia é un procedemento voluntario entre un propietario e unha entidade de custodia para pactar o modo de conservar e xestionar un territorio. O pacto pode ser verbal ou escrito (Basora Roca, X e Sabaté i Rotés, X. 2006).
As entidades de custodia son organizacións publicas ou privadas sen animo de lucro que participan activamente na conservación do territorio mediante as técnicas de custodia do territorio. Poden actuar de entidade de custodia organizacións tan diversas como unha asociación de veciños, unha organiación conservacionista, unha fundación, un concello, un consorcio ou outro tipo de ente público (Basora Roca, X e Sabaté i Rotés, X. 2006).
Fundación Naiterra vén de dar un primeiro impulso ao proxecto A volta ...
Custodia do territorioFundación Naiterra acabou coa primeira fase de eliminación de Acacia m...
Custodia do territorioFundación Naiterra, mediante a contratación dunha empresa autorizada p...
Custodia do territorio