Fins, patronato e transparencia

Fins de Naiterra

Custodia do territorio

Custodia do territorio, a través da protección, conservación, recuperación, rexeneración, reconversión e xeración de espazos de biodiversidade sostibles a longo prazo.

Conservar e promocionar o medio ambiente

Conservar e promocionar o medio ambiente, mediante a realización de accións que defendan, protexan e fomenten a biodiversidade en todos os seus niveis, sexa mediante a procura dunha muda dos nosos hábitos actuais priorizando a tal fin a educación como instrumento de cambio, sexa mediante as accións directas, sen prexuízo de calquera outras.

Promocionar actuacións destinadas á protección

Promocionar actuacións destinadas á protección, promoción e mellora da mocidade, favorecendo o desenvolvemento dunha conducta proambiental.

Impulsar proxectos ou programas de desenvolvemento

Impulsar proxectos ou programas de desenvolvemento nos eidos social e cultural, de carácter altruísta, humanitario, solidario ou de interese social, xa sexan propios, ou mediante o apoio a outras entidades.

Bosque Naiterra

Patronato

O Patronato é o órgano de goberno, representación e administración da Fundación Naiterra.

iconos_usuarios_01

José Manuel Tojeiro Rego

Presidente
iconos_usuarios_02

Rocío Lozano Miranda

Secretaria
iconos_usuarios_01

Darío Toxeiro Pérez

Vicepresidente
iconos_usuarios_02

Guadalupe Pérez González

Vicesecretaria

Transparencia

En cumprimento co artigo 6 da Ley 19/2913, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, poñemos a súa disposición os datos económicos da Fundación.

Estatutos

Orzamentos e Contas Anuais

Plans de actuacións