02 Dec FUNDACIÓN NAITERRA E ENOVA ENERXÍA XUNTOS REFORESTANDO
Posted at 16:32h
in Sen categorizar
Fundación Naiterra, coa colaboración voluntaria de Enova Enerxía, fixo unha replantación na finca Barreira, en Agronovo, de 480 árbores, entre as que se atopan castiñeiros, cerdeiras, pradairos, ulmeiros, freixos, ameneiros, salgueiros, carballos, bidueiros, acivros e abeleiras. De esta forma, seguimos a cumplir os fins propios da Fundación, protexendo e fomentando o bosque autóctono de ribeira, e asegurando unha maior biodiversidade.