FUNDACIÓN NAITERRA GAÑA A PUXA

Fundación Naiterra gaña a poxa dun conxunto de fincas no concello de Antas de Ulla, que suman un total de 4.52 hectáreas xuntas. Nestas fincas realizaranse labores de restauración e protección ambiental que garantan a súa conservación e fomento da biodiversidade.

Na poxa competiamos cun proxecto empresarial que tiña como obxectivo facer nestas fincas, en pleno corazón do bosque autóctono cercano ao Ulla, un polígono.

Grazas á colaboración conxunta co Colectivo Veciñal Berce do Ulla mais a Asociación Quercus Sonora, agora podemos asegurar a conservación do bosque autóctono.

Cando a loita é conxunta, os logros son moito máis grandes.