
01 Out Muñeiro! Barqueiro! Baixe pasar! Comeza a restauración da Casa do Barqueiro
Comeza a restauración da Casa do Barqueiro da zona de Cora.
Entre a orella estradense do río Ulla e a coruñesa houbo fai décadas un servizo de transporte mediante simples barcas de remo. Manuel Cora, da aldea de Sieiro, comezou a labor de restauración deste lugar que significou tanto para os veciños da contorna, xa que era o único medio de transporte para cruzar o río e poder mercar unha pequena taberna que había en Teo, ao outro lado do río. Fai un ano Fundación Naiterra adquiriu este propiedade, prometendo a familia de Manuel Cora proseguir ca súa labor de restauración e poder poñela ao servizo da comunidade a través de actividades de educación ambiental.
Desta forma, respectando o seu patrimonio histórico, a Fundación reformou a antiga vivenda do barqueiro como Sede Social da Fundación, coa finalidade de poder ofrecer un espazo que permita tecer redes que permitan a cooperación entre diferentes colectivos e xerar actividades e dinámicas que fomenten a comprensión dos ecosistemas e a súa conservación.