A actualidade de Naiterra

Fundación Naiterra, coa colaboración voluntaria de Enova Enerxía, fixo unha replantación na finca Barreira, en Agronovo, de 480 árbores, entre as que se atopan castiñeiros, cerdeiras, pradairos, ulmeiros, freixos, ameneiros, salgueiros, carballos, bidueiros, acivros e abeleiras. De esta forma, seguimos a cumplir os fins propios da Fundación, protexendo e fomentando o bosque autóctono de ribeira, e asegurando unha maior biodiversidade....

O pasado 9 de novembro, Fundación Naiterra fixo unha nova xornada de voluntariado. Desta volta os traballos foron atallar os rebrotes de eucalipto. Grazas a labor das persoas voluntarias asistentes, a finca quedou lista poder facer proximamente unha xornada de reforestación con frondosas, fomentando así a biodiversidade propia de ribeira do rio Ulla....

Fundación Naiterra vén de dar un primeiro impulso ao proxecto A volta das bestas, que busca pór en valor a presenza de cabalos salvaxes no monte de Froxán, no concello de Lousame, recoñecido en 2017 pola ONU como Área Conservada por Pobos Indíxenas e Comunidades Locais (ICCA). Un dos obxectivos desta recuperación é previr lumes no monte grazas á acción directa dos cabalos en materia...

Fundación Naiterra gaña a poxa dun conxunto de fincas no concello de Antas de Ulla, que suman un total de 4.52 hectáreas xuntas. Nestas fincas realizaranse labores de restauración e protección ambiental que garantan a súa conservación e fomento da biodiversidade. Na poxa competiamos cun proxecto empresarial que tiña como obxectivo facer nestas fincas, en pleno corazón do bosque autóctono cercano ao Ulla, un polígono. Grazas á...

Que traballos faremos? Desta volta centrarémonos na eliminación dunha mancha de bambú ao carón do río así como a mellora dunha charca de herpetofauna. Como podo apuntarme? Para vos apuntardes é imprescindible enviar un mail a administracion@fundacionnaiterra.gal até o 20 de maio a máis tardar, as prazas son limitadas. Onde e cando? O punto de encontro será na finca Píntega. Teredes que estar puntualmente ás 9:45h. Disporemos auga fresca e uns...

Fundación Naiterra acabou coa primeira fase de eliminación de Acacia melanoxylon (acacia negra) contemplada no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras que atopaba na finca  Couso – Orixe. A importancia da eliminación desta especie débese a que reducen de forma considerable a cantidade de luz no nivel do sotobosque, diminúen a dispoñibilidade de auga no chan, alteran de forma severa o contido de nutrientes e...

Fundación Naiterra, mediante a contratación dunha empresa autorizada para elo, ha retirado os 4.600kg de amianto que se atopaban na finca Couso – Pintega. Esta finca, que fai límite con rio Ulla, tiña 328m2 de amianto en moreas, favorecendo que as súas partículas foran liberadas ao aire así como a terra, e por filtración, ao río. Dada o alto poder contaminante deste mineral, compréndense a...

Que traballos faremos? Desta volta centrarémonos na eliminación da exótica invasora Tradescantia fluminensis que ten invadida a finca e a replantación de flora autóctona para continuar coa labor de facer bosque de ribeira e substituír aquelas árbores que non saíron adiante. Como podo apuntarme? Para vos apuntardes é imprescindible responder a este email até o 12 de marzo a máis tardar, indicando nome e DNI para vos anotar...

Desta volta centrarémonos na eliminación de rebrotes da exótica invasora Robinia pseudoacacia que ten invadida a finca, que logo do descascado do inverno e primavera pasadas, rebrotaron das bases dos troncos.

Con este tipo de accións pretendese liberar de especies exóticas invasoras e permitir deste xeito a promoción da biodiversidade autóctona do sotobosque de ribeira da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.

Comeza a restauración da Casa do Barqueiro da zona de Cora. Entre a orella estradense do río Ulla e a coruñesa houbo fai décadas un servizo de transporte mediante simples barcas de remo. Manuel Cora, da aldea de Sieiro, comezou a labor de restauración deste lugar que significou tanto para os veciños da contorna, xa que era o único medio de transporte para cruzar o río...