XORNADA DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL SÁBADO 24 DE MAIO

Que traballos faremos?

Desta volta centrarémonos na eliminación dunha mancha de bambú ao carón do río así como a mellora dunha charca de herpetofauna.

Como podo apuntarme?

Para vos apuntardes é imprescindible enviar un mail a administracion@fundacionnaiterra.gal até o 20 de maio a máis tardar, as prazas son limitadas.

Onde e cando?

O punto de encontro será na finca Píntega. Teredes que estar puntualmente ás 9:45h.

Disporemos auga fresca e uns petiscos para o descanso de media mañá con café, froitas e biscoito (con e sen gluten / con e sen lactosa).

Remataremos arredor das 13:30h para xantar. Xantaremos na Casa do Barqueiro, sede da Fundación. Se tedes algunha alerxia, intolerancia ou preferencia alimentaria (vexetariano, vegano), indicadeo no email.

E despois do xantar?

Despois do xantar, non vos vaiades! Teremos unha charla sobre plantas medicinais ás 16h da man de Rosalía Bermúdez Santos, escritora herbarista que vainos ensinar a recoñecer e recolectar diferentes plantas así como as receitas caseiras que podemos facer con elas, remedios naturais que poden axudarnos no día cotiá.

Que teño que levar?

As ferramentas e materiais necesarios para traballar os pon a Fundación. Pola vosa parte é necesario que traiades:

  • Luvas.
  • Utensilios para a comida e café: prato fondo, vaso ou caneca, e cubertos.
  • Roupa cómoda de traballo tendo en conta a climatoloxía. Se chove non se anula a actividade: non hai mal tempo senón roupa non axeitada.
  • Botas de auga.
  • Recomendamos levar unha muda para cando rematemos o traballo e comer cómodos.